A Deputación organiza unha xornadas sobre responsabilidade patrimonial para concellos
O vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, avanzou que o Goberno da Deputación, en colaboración coa Fundación Democracia e Goberno e Local, analizará nunhas xornadas as novidades sobre a responsabilidade patrimonial e os procedementos sancionadores. Este acto terá lugar o vindeiro 25 de abril, no Pazo de San Marcos, e está dirixida a alcaldes, concelleiros, deputados, interventores, técnicos e secretarios dos concellos, así como persoal relacionado con esta actividade.
O vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, avanzou que o Goberno da Deputación, en colaboración coa Fundación Democracia e Goberno e Local, analizará nunhas xornadas as novidades sobre a responsabilidade patrimonial e os procedementos sancionadores. Este acto terá lugar o vindeiro 25 de abril, no Pazo de San Marcos, e está dirixida a Alcaldes, Concelleiros, Deputados, interventores, técnicos e secretarios dos Concellos, así como persoal relacionado con esta actividade.
Fernández Queipo explicou que “dende o Goberno traballamos continuamente para dar resposta ás demandas de información xurídica que expoñen os Concellos da provincia para cumprir coas normativas existentes. Nesta edición, contaremos co Catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de León, Tomas Quintana, e a Directora Servizos Xurídicos da Deputación de Barcelona, Susana Martínez Novella, ademais de profesores de universidade expertos na materia”. O pasado mes de febreiro xa se celebrou unha xornada sobre as licenzas municipais e as comunicacións previas.
Obxectivos
Nesta xornada os asistentes poderán coñecer da man de expertos os pormenores da regulación sobre a responsabilidade patrimonial, cunha vertente práctica que lles permita tramitar, informar e, no seu caso, resolver os expedientes de responsabilidade patrimonial. A finalidade deste curso é adquirir capacidades sobre o Dereito referido á responsabilidade patrimonial, así como instruír procedementos nesta materia. E tamén, coñecer criterios sólidos sobre a posible estimación e desestimación das solicitudes de responsabilidade patrimonial que se presenten no seu Departamento.
Inscrición
A Xornada de Responsabilidade Patrimonial, organizada en colaboración coa Fundación Democracia e Goberno e Local, celebrarase o día 25 de abril no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, dende ás 09:30 a 14:00 e de 16:00 a 17:30 horas. Todas as persoas que desexen inscribirse poden facelo no seguinte link; https://formularis.diba.cat/inscripcion-jornada-sobre-responsabilidad-patrimonial-y-procedimiento-sancionador-lugo-25-abril-2018 . Ou a través do correo electrónico: cooperacioncosconcellos@deputacionlugo.org o chamando ao teléfono: 982 22 78 12.
Programa da xornada
9:30 HORAS.- Presentación da Xornada. Darío Campos, Presidente da Deputación e o Director da Fundación Democracia e Goberno Local, Ramon Camp i Batalla.
10:00 HORAS.- A responsabilidade patrimonial das Administracións Publicas; perspectiva xeral. Con Tomas Quintana López, Catedrático de Dereito administrativo da Universidade de León.
10:45 HORAS.- Liñas xurisprudenciais en materia de responsabilidade patrimonial das administracións públicas.
11:30 HORAS.- Pausa.
12:00 HORAS.- A responsabilidade patrimonial de autoridades e funcionarios locais. Será impartida por Susana Martínez Novella, Directora dos Servizos Xurídicos da Deputación de Barcelona.
12:45 HORAS.- A responsabilidade da Administración Local por danos sufridos na vía publica. Intervirá Josep Ramon Fuentes Gasó, Profesor de Dereito Administrativo da Universidade Rovira i Virgili.
16:00 HORAS.- O réxime sancionador administrativo:procedemento e garantías. Na que falará Miguel Casino Rubio, Profesor Dereito Administrativo da Universidade Carlos III de Madrid.
16:45 HORAS.- A potestade sancionadora no ámbito local. María Teresa Carballeira Rivera, profesora de Dereito Administrativo da USC.
Fernández Queipo explicou que “dende o Goberno traballamos continuamente para dar resposta ás demandas de información xurídica que expoñen os concellos da provincia para cumprir coas normativas existentes. Nesta edición, contaremos co Catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de León, Tomas Quintana, e a Directora Servizos Xurídicos da Deputación de Barcelona, Susana Martínez Novella, ademais de profesores de universidade expertos na materia”. O pasado mes de febreiro xa se celebrou unha xornada sobre as licenzas municipais e as comunicacións previas.
Obxectivos
Nesta xornada os asistentes poderán coñecer da man de expertos os pormenores da regulación sobre a responsabilidade patrimonial, cunha vertente práctica que lles permita tramitar, informar e, no seu caso, resolver os expedientes de responsabilidade patrimonial. A finalidade deste curso é adquirir capacidades sobre o Dereito referido á responsabilidade patrimonial, así como instruír procedementos nesta materia. E tamén, coñecer criterios sólidos sobre a posible estimación e desestimación das solicitudes de responsabilidade patrimonial que se presenten no seu Departamento.
Inscrición
A Xornada de Responsabilidade Patrimonial, organizada en colaboración coa Fundación Democracia e Goberno e Local, celebrarase o día 25 de abril no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, dende ás 09:30 a 14:00 e de 16:00 a 17:30 horas. Todas as persoas que desexen inscribirse poden facelo no seguinte link; https://formularis.diba.cat/inscripcion-jornada-sobre-responsabilidad-patrimonial-y-procedimiento-sancionador-lugo-25-abril-2018 . Ou a través do correo electrónico: cooperacioncosconcellos@deputacionlugo.org o chamando ao teléfono: 982 22 78 12.
Programa da xornada
9:30 HORAS.- Presentación da Xornada. Darío Campos, presidente da Deputación e o Director da Fundación Democracia e Goberno Local, Ramon Camp i Batalla.