A Deputación promove 309 actividades culturais na provincia
A deputada de Cultura, Pilar García Porto, informou que o Executivo Provincial aprobou en Xunta de Goberno 309 axudas a entidades culturais para financiar outras tantas actividades de carácter cultural en 57 municipios lucenses, cun valor total de 280.000 euros da Deputación. Trátanse das axudas que o Goberno Provincial puxo á disposición do tecido asociativo lucense en réxime de concorrencia competitiva no 2018. Son colaboracións que van dende os 300 aos 1.400 euros.
Nos próximos días trala súa publicación no BOP, todas as entidades beneficiarias poderán xustificar as súas axudas ata o 31 de marzo de 2019. Habilitarase na web da Deputación www.deputacionlugo.gal un espazo con toda a información e a documentación a complementar.
García Porto puxo en valo que “nesta anualidade, todas as asociación que presentaron a documentación en tempo e forma a súa solicitude, reciben fondos da Deputación para a celebración de actividades, co fin de incluír a todas e cada unha das entidades que solicitaron axuda á Deputación”.
A deputada lembrou que “dentro da nosa aposta por converter a de Lugo nunha Deputación social, rural e coas persoas, na concesión das mesmas tivéronse en conta cláusulas sociais para favorecer a celebración de actividades en núcleos rurais, dinamizándoos socialmente; así como para primar as programacións dirixidas aos colectivos máis vulnerable, como, por exemplo, a persoas con capacidades diferentes ou maiores”.
Outros dos criterios sociais que se tiveron en conta para a concesión destas axudas, que se distribuíron con criterios obxectivos, foron territorial e poboacional, o impacto e repercusión da actividade cultural entre a sociedade ou o fomento da cooperación entre as distintas asociacións culturais.
Colaboracións para promoción cultural, obradoiros, concursos ou campamentos
Algunhas das actividades subvencionadas ao abeiro desta programación en impulso da cultura na Terra Chá son: para a celebración da Mostra Tradicional de Begonte da Asociación Veciñal Dos Milagres de Saavedra; en Cospeito para os xogos tradicionais que organiza XOTRAMU; en Guitiriz para o Festival de Pardiñas con Xermolos; para a Festa da Malla de Meira; na Pastoriza para o Concurso de redacción xornalística “Mariña Folgueira”; para a organización da Foliada dos gaiteiros do Riotorto; en Vilalba para a Escola de Musica, e en Xermade para Invernada de cine.
Distribución por zonas
A distribución das 309 axudas a entidades culturais para financiar outras tantas actividades de carácter cultural en 57 municipios lucenses, cun valor total de 280.000.
Na Terra Chá concedéronse 54 axudas a outros tantos colectivos por valor de 49.600 euros dos seguintes 9 concellos: Begonte (5); Castro de Rei (7); Cospeito (4); Guitiriz (2); Meira (5); A Pastoriza (3); Pol (4); Vilalba (19); Xermade (5).
Ademais tamén recibiron Riotorto (5); Friol (2); Outeiro de Rei (4) e Rábade (2).