A Deputación reivindica o papel da muller rural

TerraChaXa
A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo -xunto ao Presidente, Darío Campos Conde, máis compañeiros no Executivo da Deputación; representantes de FADEMUR, traballadores da institución e veciños en xeral- foi a encargada de ler a declaración institucional que aprobou este luns a Xunta de Goberno con motivo do Día Internacional da Muller Rural.
FOTO MANIFESTO
16 Oct 2018

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo -xunto ao Presidente, Darío Campos Conde, máis compañeiros no Executivo da Deputación; representantes de FADEMUR, traballadores da institución e veciños en xeral- foi a encargada de ler a declaración institucional que aprobou este luns a Xunta de Goberno con motivo do Día Internacional da Muller Rural. O texto apunta o seguinte:

“Queremos manifestar hoxe, 15 de outubro, Día Internacional da Muller Rural, o noso firme compromiso coas mulleres que viven e desenvolven a súa actividade profesional nas zonas rurais. Queremos facer un claro recoñecemento á contribución que veñen realizando no desenvolvemento económico, social e cultural das nosas aldeas. Así o entendemos e o sinalan as diferentes Directivas da Unión Europea e Resolucións do Parlamento Europeo nas súas peticións aos Gobernos e Estados membros”.

“Somos conscientes dos grandes retos que temos todos na defensa do medio rural. Non non só dende un punto de vista de protección e sostibilidade medioambiental, senón sobre todo para a sostibilidade poboacional, que é o que garante a supervivencia do rural. É preciso subliñar a importancia que as mulleres tivemos, temos e teremos no mantemento do rural e na transmisión de valores, pois a muller é o eixo da unidade familiar e a heroína do rural: sen mulleres non habería familias e non existiría xa o rural”.

“Nestes tempos de globalización e deslocalización, vivir no medio rural é tamén unha opción de filosofía e de modo de vida. Debemos abordar dende unha perspectiva de xénero todas as políticas de oportunidades e de progreso do medio rural. Non haberá desenvolvemento no medio rural sen a contribución e participación das mulleres en todos os ámbitos e en especial na actividade económica e no emprendemento”.

Igualdade no rural para frear o despoboamento, éxodo e o desordeación do territorio

“Se defendemos a igualdade, defendemos que as mulleres do rural teñamos os mesmos dereitos que as mulleres das zonas urbanas, así como acceso aos diferentes servicios públicos para a atención das súas necesidades e das súas familias, impulsando e promovendo a conciliación da vida laboral e persoal. Non podemos esquecer que unha grande parte das mulleres do ámbito rural desenvolven a súa actividade laboral nas explotacións familiares agrarias, compartindo cos homes as tarefas e aportando bens e traballo sen ter en moitos casos os mesmos dereitos que os titulares das mesmas”.

“É tarefa de todos garantir a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes no medio rural, porque detrás de cada explotación familiar para a que non hai relevo, detrás de cada muller que abandona a súa aldea, atopase un grave problema: avellentamento da poboación e éxodo rural; problemáticas que afectan de xeito moi importante á nosa comunidade. Por exemplo, en Galicia, temos unha media de 321,5 mulleres maiores de 65 anos por cada 100 mulleres menores de 20 anos; e nas provincias do interior esta cifra chegas as 422,3 en Lugo e as 503,5 en Ourense”.

“Todos sabemos que detrás do abandono das explotacións familiares, e do abandono dos pobos e da falta de relevo xeracional o que ven é a desordeación do territorio: proliferación incontrolada de especies como o xabarís ou a aparición de incendios forestais cada vez máis voraces. Detrás do abandono do rural ven o caos medioambiental, patrimonial, cultura, socioeconómico...”

Perspectiva de xénero nas negociacións coa PAC: compromiso do Goberno Central

“Neste ano, dende FADEMUR, Federación de Asociacións de Mulleres, co incondicional apoio do Goberno da Deputación de Lugo, queremos poñer o acento en que a perspectiva de xénero sigue estando ausente dentro da PAC que conta xa con máis de 50 anos de historia. Por iso a maiores de solicitar unha mellor dotación económica para a mesma, queren lanzar unha mensaxe clara na liña do sinalando pola ONU Mulleres na súa campaña #AhoraeselMomento. Esta campaña, busca promover a autonomía das mulleres rurais, ao contemplalas como o verdadeiro motor do desenvolvemento rural, do avance das comunidades locais e como o elemento imprescindible para o sostemento da agricultura familiar, básicas para garantir a alimentación no mundo. E neste senso, felicitámonos porque hoxe mesmo a Vicepresidenta do Goberno Central, Carmen Calvo, se teña comprometido con introducir a perspectiva de xénero nas negociacións coa PAC.

A PAC, “unha auténtica fenda salarial”. A mulleres reciben un 40% menos que os homes

“No territorio europeo, soamente o 30% das explotacións agrícolas e gandeiras son propiedade de mulleres e ao longo de todos este anos a PAC tense configurado como un elemento discriminatorio no financiamento das mesmas. Analizando os datos de reparto das axudas da PAC do ano 2016 (último publicado), podemos observar como as mulleres saen sempre en desvantaxe, conformando as axudas da PAC unha auténtica fenda salarial rural. Se falamos dos datos galegos, as mulleres supoñen o 57,6% das persoas perceptoras das axudas directas da PAC. (16.495 mulleres fronte a 12.147 homes), o que non significa que teñan un diferencial menor. Todo o contrario. En Galicia están percibindo de media un 40,53% menos (3.103€ as mulleres e 5.218€ os homes).

“Todo elo, pode deixar entrever as características das explotacións onde as galegas son titulares: explotacións máis pequenas, con menos animais, con menos base territorial, e con un claro perfil de explotación familiar. Se a principal liña política de actuación que existe no medio rural é a PAC, e as mulleres non atopan espazo dentro dela, dificilmente esta política vai axudar a propiciar que esas pequenas explotacións familiares, nas que maioritariamente estamos presentas as mulleres, teñan futuro e teñan relevo”.

Cambio de rumbo do Goberno Central e acordos que impulsan a igualdade

“Non queremos deixar sen mencionar toda una serie de soportes sociais que as mulleres en xeral e as do rural en particular precisamos para poder continuar coa vida nas mesmas condicións: políticas que valoren a nosa labor como coidadoras, protección e acompañamento en casos de violencia de xénero, educación e sanidade de calidade, servicios de transporte adecuados... Somos moitos os frontes que hai que resolver. E neste senso, queremos poñer en valor o cambio de rumbo do actual Goberno Central cos acordados acadados para novas e mellora medidas en impulso da igualdade de xénero. Son exemplo disto o incremento do Salario Mínimo Interprofesional a 900 euros ao mes; a equiparación dos permisos de maternidade e paternidade; a promoción  da titularidade compartida das explotacións agrarias a través da aplicación efectiva da Ley 35/2011 e mellorando a posición das mulleres do campo dentro do sistema de Seguridade Social; a protección do aluguer e acceso á vivenda; a actualización das pensións de acordo con IPC; o aumento das axudas para os dependentes; a redución do IVA en produtos de hixiene feminina e servicios veterinarios; o incremento da prestación por fillo a cargo; a universalización da escola pública infantil de 0 a 3 años; o acordo de máximos contra la violencia de xénero ou a reforma do bono social de enerxía”.

0.17592811584473