A Deputación reparte os 14 millóns do Plan Único
O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, avanzou que “dende o Goberno da Deputación investimos outros 14 millóns de euros na execución de 310 novas obras nos 67 concellos. Con estes fondos, acadamos nestes dous anos e medio á fronte deste Executivo Provincial un investimento de 90 millóns neste eido, facendo que a Deputación sexa a administración que lidera a obra pública na provincia, contribuíndo ao mantemento de emprego e mellorando os servizos públicos aos nosos veciños”.
Campos Conde fixo referencia deste xeito ás 310 obras dotadas de 14 millóns de euros, que o Goberno da Deputación presenta ao Pleno de mañá para a súa aprobación e posterior execución. Trátanse de actuación solicitadas polos municipios e financiadas ao abeiro do Plan Único. Representan o 66% dos fondos desta programación que se distribúen en base á superficie, poboación, taxa de envellecemento, paro e núcleos poboacionais de cada Concello.
14 millóns para obras 67 concellos
Abadín: 309.624 euros, Alfoz: 133.890; Antas de Ulla: 169.586; Baleira: 158.274; Baralla: 236.451; Barreiros: 248.140; Becerreá: 257.469; Begonte: 187.273; Bóveda: 167.864; Burela: 195.027; Carballedo: 235.456; Castro de Rei: 284.520; Castroverde: 212.299; Cervantes: 215.142; Cervo: 199.580; Chantada: 310.673; O Corgo: 231.827; Cospeito: 282.699; Folgoso do Courel: 193.009; A Fonsagrada: 230.189; Foz: 329.905; Friol: 307.632; Guitiriz: 316.393; Guntín: 215.509; O Incio: 194.703; Láncara: 208.364; Lourenzá: 153.343; Lugo: 500.000; Meira: 180.210; Mondoñedo: 159.744; Monforte de Lemos: 300.536; Monterroso: 191.406; Muras: 199.466; Navia de Suarna: 204.261; Negueira de Muñiz: 112.323; As Nogais: 150.783; Ourol: 220.549; Outeiro de Rei: 233.719; Palas de Rei: 182.651; Pantón: 201.537; Paradela: 231.665; O Páramo: 162.436; A Pastoriza: 247.068; Pedrafita do Cebreiro: 134.287; A Pobra do Brollón: 140.195; Pol: 179.484; A Pontenova: 151.907; Portomarín: 169.362; Quiroga: 228.761; Rábade: 121.811; Ribadeo: 330.000; Ribas de Sil: 138.038; Ribeira de Piquín: 149.586; Riotorto: 160.289; Samos: 166.391; Sarria: 384.000; O Saviñao: 245.201; Sober: 234.239; Taboada: 242.505; Trabada: 150.304; Triacastela: 125.064; O Valadouro: 171.263; O Vicedo: 125.834; Vilalba: 254.799; Viveiro: 342.000; Xermade: 190.977 e Xove: 198.352.