A Deputación súmase ás reivindicacións pola igualdade no Día da Muller

TerraChaXa
A Deputación de Lugo súmase aos actos conmemorativos con motivo do Día Internacional da Muller, 8 de marzo.
0 1
7 Mar 2020

A Deputación de Lugo súmase aos actos conmemorativos con motivo do Día Internacional da Muller, 8 de marzo. A fachada do Pazo de San Marcos xa loce desde hoxe pancartas de cor violeta en reivindicación da igualdade entre homes e mulleres co lema “Querémonos vivas, libres e iguais, querémosvos vivas, libres e iguais”. 

A institución provincial realiza unha aposta firme e decidida en defensa dos dereitos, liberdades e a seguridade das mulleres a través dunha política transversal en todas as áreas. Este compromiso materialízase en diferentes proxectos e iniciativas que a Deputación ten en marcha: o programa de coloquios gratuítos Faladoiros Feministas que achegan o feminismo á sociedade e crean espazos de reflexión; o proxecto Referentes Galegas nas Aulas, que inclúe unha serie de encontros con mulleres referentes en diferentes eidos profesionais e nos que participan alumnas e alumnos de ESO, FP e Bacharelato da provincia; o programa Xira Mulleres que a través de diversos obradoiros fomentan a empregabilidade e o emprendemento feminino; ou o Festival Mufest, que reivindica o cine feito por mulleres. 

0.09943699836731