A escola de Árbol inicia un obradoiro de teatro

TerraChaXa
A Asociación Cultural e Deportiva de Árbol, en Vilalba, retoma este mes de xaneiro as actividades culturais comezando con obradoiros, un deles o de teatro, a cargo do grupo Borguete Teatro.
obradoiro teatro arbol portada
obradoiro teatro arbol portada
10 Xan 2024

A Asociación Cultural e Deportiva de Árbol, en Vilalba, retoma este mes de xaneiro as actividades culturais comezando con obradoiros, un deles o de teatro, a cargo do grupo Borguete Teatro.

As persoas interesadas en participar poden asistir á primeira reunión, que terá lugar este venres, día 12, ás 21.30 horas, na Escola do Santo. Os interesados en anotarse poden facelo nos teléfonos 610 862 270 (Jesús) e 636 811 424 (Neli).

A actividade continuará todo o ano, polo que poderán anotarse máis tarde.

0.19311380386353