A Escola de Familias de Guitiriz aborda os principais aspectos que contribúen á desigualdade de xénero
A psicóloga Alba Campos é a responsable da charlas informativas que o Concello de Guitiriz impulsa na “Escola de Familias” en relación á educación dos máis pequenos e pequenas do municipio.
- A educación emocional foi o tema da primeira charla da "Escola de Familias" que o Concello de Guitiriz impulsaba este curso. Pero, a que fai referencia?
- A educación emocional refírese ao proceso educativo continuo e permanente que pretende potenciar o desenrolo emocional como complemento indispensable do desenrolo cognitivo, lógrase traballando as diferentes competencias emocionais e constitúe en sí unha forma de prevención primaria posto que proporciona as persoas dende unha idade temperá estratexias e recursos para enfrontar as experiencias da vida que están por vir.
Estas competencias emocionais serían principalmente a conciencia, regulación e autonomía emocional, xunto ca competencia social e as competencias para a vida e o benestar. Na sesión traballamos sobre como desenrolar dende pequenos cada unha destas competencias mediante diferentes técnicas.
- O acoso escolar tamén foi un dos temas das charlas. Que medidas cres que se deben tomar dende os centros e dende as familias para evitalo?
- Sobre os diferentes tipos de acoso falamos na propia sesión así coma das sinais para identificalos e paralos. Fixemos especial fincapé no acoso psicolóxico posto que se tende a restarlle importancia e as consecuencias para quen o sofre son moi negativas a corto e longo prazo e no ciberacoso posto que está a medrar e é unha nova forma de acoso que vai máis alá da escola.
Tamén falamos sobre o papel relevante das persoas observadoras que tanto se participan no acoso como se observan sen intervir para paralo contribúen a lexitimar a conducta da persoa acosadora e normalizar a situación de acoso ó non cuestionar o que está a pasar.
As medidas que se poden tomar dende os centros e dende as familias, entre outras, estarían a de dar maior importanica a unha maior educación emocional (destacando o desenvolvemento da empatía) así como a educación en valores como o respeto e a tolerancia, entre outros. Así mesmo é importante que se de unha maior sensibilización en xeral dende pequenos e para todos e todas para así lograr unha maior implicación á hora de cortar estas condutas. Tamén sería bó ter un maior aceso a formacións sobre prevención e intervención para os profesionais dos centros e para os pais e nais.
- Un piar fundamental para moitas familias son os avós e avoas que contribúen ao coidado e educación dos netos e netas. Que valores poden transmitir?
- A importancia da familia, a sabiduría e a experiencia adquirida ao longo da vida, xenerosidade e tolerancia, así como fortaleza e paciencia entre outros. Sobre isto e o papel actual dos avós e avoas falamos na sesión destacando a importancia do rol de avó ou avoa posto que a situación actual de crise potencia que eles e elas teñan que asumir o rol de coidador principal e isto non é o ideal posto que nalgúns casos teñen que ter o rol de pais, e é importante para os menores e maiores que se poida dar o desenvolvemento do papel de avó e avoa.
- De cara ao 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, esta “Escola de Familias” abordará a igualdade dende a educación. Como se vai tratar esta temática na sesión?
- A próxima sesión da Escola de Familias centrarase en catro aspectos nos que se contribúe á desigualdade de xénero perpetuando e normalizando conductas e actitudes machistas: a linguaxe desigual segundo o xénero, os estereotipos de xénero, os micromachismos e a publicidade machista.
En relación ao Día Internacional contra a Violencia de Xénero, no Concello de Guitiriz fanse este mes varias actividades preventivas ademais da sesión da Escola de Familias como son varios obradoiros preventivos nos colexios de Parga e Guitiriz e no instituto de Guitiriz nos que se traballan: o empoderamento e as relacións interpersoais, as redes sociais e os estereotipos de xénero, e a desigualdade de xénero na que se abordan contidos similares á sesión da Escola de Familias, así mesmo tamén se organiza un debate gravado infantil e xuvenil para reflexionar entre todas e todos sobre este tema o xoves 23 entre as seis e as sete da tarde nun local municipal.
- Este ciclo de charlas rematará abordando a educación dende a sexualidade dende a infancia. De que xeito cre que se debe abordar este tema nas familias?
- Con naturalidade. É importante axustarse tamén a idade dos fillos e fillas posto que non é o mesmo abordalo na infancia que na adolescencia. Tendo en conta isto é bo proporcionar información adecuada e veraz nun momento adecuado para que lles quede claro e tamén é moi importante escoitalos para poder entender o que queren saber.
Grupo de Familiares Coidadores
- O Concello de Guitiriz tamén puxo en marcha un grupo de familiares coidadores no cal hai unha sesión mensual, que se traballa nestas sesións?
- A primeira sesión introdutoria ao grupo falouse sobre todo da importancia de que o coidador ou coidadora se permita coidarse e non se sinta mal por iso; posto que a sobrecarga que teñen é moi grande. En relación a isto, nas dúas seguintes sesións e na vindeira de decembro, traballamos pautas para o autocoidado do coidador ou coidadora coma o manexo da respiración, as pautas para lidiar con situacións cotiás potenciando o benestar e a facilitación da expresión de emocións.