A Escola de Música de Guitiriz organiza un novo campamento de verán musical

TerraChaXa
Está dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos e levarase a cabo do 22 ao 25 de xuño
campamento-veran-guitiriz
Cartel
13 Jun 2026

A Escola de Música municipal de Guitiriz organiza un ano máis o campamento de verán musical, unha iniciativa que combina a aprendizaxe, o ocio e a conciliación e que está dirixida a nenas e nenos de 3 a 12 anos.

O campamento musical levarase a cabo os días 22, 23 e 25 de xuño, en horario de 10 a 14 horas.

Están previstos xogos populares, manualidades, inchables e xogos de auga e música.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 17 de xuño con pago de 30 euros no número de conta e envío de xustificante.

0.12518310546875