A escola de Santaballa renova a súa imaxe exterior mantendo viva a súa esencia e identidade

A escola de Santaballa renovou a súa imaxe exterior coa substitución das antigas tullas por dúas palmeiras, nunha actuación que busca mellorar a visibilidade do edificio e manter o vínculo coas súas orixes e a súa historia.
Desde a Liga Santaballesa explican que son conscientes de que este cambio pode resultar difícil para algunhas persoas, xa que as tullas formaron parte da paisaxe do centro durante moitos anos e gardan numerosos recordos. Porén, a elección das palmeiras responde tamén ao seu significado simbólico, xa que representan a pegada que deixaron os emigrantes e a unión coa súa terra irmá, Cuba.
Ademais desta renovación, tamén se acondicionou un xardín na baixada cara á estrada nacional, mellorando así este espazo exterior.
A Liga quixo agradecer a colaboración de todas as persoas que participaron nos traballos, así como o apoio da Deputación Provincial de Lugo e de Terras do Miño, a través da subvención concedida para levar a cabo esta actuación.
"Unha renovación coa que cambia a paisaxe exterior, pero que mantén intacto o espírito e a esencia de sempre", explican.