A Escola Habanera de Guitiriz acolle a próxima semana a charla ‘Coñecendo o Dano Cerebral Adquirido’

TerraChaXa
A actividade, organizada pola asociación Dano Cerebral Lugo, terá lugar o 13 de outubro ás 16:30 horas e contará con entrada de balde ata completar capacidade
charla-dano-cerebral-adquirido
5 Oct 2026

O Concello de Guitiriz informa da celebración da charla Coñecendo o Dano Cerebral Adquirido, organizada pola asociación Dano Cerebral Lugo, que terá lugar o vindeiro 13 de outubro na Escola Habanera.

A actividade dará comezo ás 16:30 horas e está aberta á participación da veciñanza e de todas as persoas interesadas en coñecer máis sobre o dano cerebral adquirido, a súa realidade e o seu impacto.

A entrada será de balde ata completar a capacidade do espazo.

0.14402008056641