A Escola Infantil Municipal de Cospeito despide unha nova promoción de alumnado de tres anos

TerraChaXa
As familias e a comunidade educativa acompañaron aos pequenos nun acto de graduación no que recibiron os seus diplomas e orlas
COSPEITO graduacion infantil
3 Aug 2026

A Escola Infantil Municipal de Cospeito celebrou recentemente o acto de graduación do alumnado de tres anos, unha cita cargada de emoción na que os máis pequenos pecharon a súa primeira etapa educativa acompañados polas súas familias e polo persoal do centro.

O alcalde de Cospeito, Armando Castosa, e a concelleira de Cultura, María José Paredes, participaron na celebración, durante a que fixeron entrega aos nenos e nenas dunha banda conmemorativa, a súa orla e os diplomas que simbolizan o remate do seu paso pola escola infantil.

Desde o Concello destacaron que este acto representa un momento moi especial para as familias e para a comunidade educativa, xa que marca o final dunha etapa na que os pequenos comezaron a dar os seus primeiros pasos no ámbito escolar, compartindo experiencias, aprendizaxes e amizades nun ambiente de coidado e acompañamento.

A administración local tamén quixo agradecer ás familias a confianza depositada na Escola Infantil Municipal e recoñecer o traballo desenvolvido polo equipo educativo ao longo do curso, así como o esforzo realizado na organización deste acto de despedida.

A graduación puxo o broche ao curso escolar antes do inicio das vacacións de verán, coa vista xa posta na nova etapa que os nenos e nenas afrontarán o próximo curso nos centros de Educación Infantil.

0.12781715393066