A Estruga organiza un mercado de troco os martes e o venres de maio na praza de Abastos

A Praza de Abastos de Vilalba acollerá este mes de maio unha nova edición de Troco na Praza, unha iniciativa organizada pola Asociación Espazo Agroecolóxico A Estruga coa colaboración do Concello de Vilalba. A actividade busca fomentar o intercambio de obxectos en bo estado entre a veciñanza, promovendo así a reutilización e o consumo responsable.
As persoas interesadas poderán achegar artigos que xa non precisen e levar aqueles que lles resulten útiles, nun ambiente de colaboración e sustentabilidade. O mercado de troco estará aberto os martes e venres en horario de 9:00 a 14:00 horas.
A Estruga destaca que se trata dunha oportunidade para darlle unha segunda vida a libros, vaixelas, roupa ou outros obxectos, reducindo residuos e reforzando as relacións comunitarias. O Concello anima á participación cidadá nesta proposta que combina solidariedade, reutilización e dinamización local.