A excepcional tradición do mel de Valadouro

TerraChaXa | AMariñaXa
23 Feb 2019

En grandes liñas, o mel prodúcese por medio dun proceso de combinación de sustancias que as abellas transportan, concentran e almacenan en panais. Para despois extraela mediante a separación do mel da cera. Todo isto ocorre nun espazo previamente constituído e cunha maquinaria e un equipo especializado. Ata aí, todo claro, a cuestión é chegar a obter un produto de gran sabor.

O mel de Valadouro é un produto excepcional e con moito valor, por isto é o úncio lugar da Mariña onde celebran unha feira adicada en exclusiva a este produto, así o explica Marifé Sixto, unha produtora local. Na Mariña somos poucos apicultores e en Ferreira de Valadouro temos moita tradición melera, de feito xa levamos a XXI edición da feira do mel, é somos o único concello da costa  onde a celebramos.

Esta feira estaba organizada pola asociacion de apicultores pero desde que deixaron de facela encárganse dende o Concello.

Os apicultores, como en case todos os traballos agrícolas eran antes xente maior, pero agora seguen séndoo e ademais son maioritariamente xubilados. Aínda así, esta  profesión ou afección empeza a rexurdir entre a xente nova, aínda que noutras provincias si que se nota máis. Nesta zona a apicultura é máis que nada unha axuda á economia familiar. Ninguén é soamente apicultor, simplemente sacan algún beneficio ademais de facer algo que lles gusta moito.

Xa desde algo antes da Guerra Civil  o Concello introduciuse na apicultura moderna, xa o tataravó de Marifé, Aquilino Ben, adicábase á fabricación de velas con cera natural de abella unicamente e levaban o selo AB para identificalas, de ahi vén a paixón desta valaudourense. “Os meus antepasados eran de facer veas”, explica pero despois chegou a Guerra Civil e a súa tataravoa que tivo fillos varóns, mandounos a loitar á guerra, pero os que quedaron na casa por mor da idade foron a facer traballos sociais a Viveiro á fábrica vella de Chaví, na cal facían cousas de coches, e así foi onde comezaron coa fabricación dos modernos extractores de mel e os afumadores.

A partir dese momento, a súa bisavoa trouxo estes aparellos para a súa casa e así se adicou, como muller emprendedora que era, a fabricar veas e a vender mel.

O nome de O Trobo vén desde que en 1999, o seu pai xubilouse de ser gandeiro, adicouse a súa paixón apícola en corpo e alma. Xusto nese mesmo ano deixou de funcionar o extractor posto antiguamente pola bisavoa, e para poder entrar no selo Mel de Galicia houbo que facer certos cambios, como substituír esedo extractor de 1936, que era de cobre e outros metais, para colocar un de aceiro inoxidable que segue os requisitos técnicos, aínda que é o mesmo funcionamento e a mesama forma, “e fo así comom puidemos comercializar a nosa mel”, relata Marifé.

A raíz disto, o seu pai viu que había un nicho de mercado para vender a mel nos establecementos, pero sempre cun rexistro sanitario, “así que demos o paso de formalizala e darnos de alta en Mel de Galicia, que tamén dá unha garantía de calidade”.

Así naceu a empresa O Trobo, mel de Valadouro, un primeiro paso fai uns 20 anos. Agora ao vivir no rural, na antiga explotación gandeira, as cuadras, cabanas e outras estancias rehabilitáronse e transformáronse para integralos no Museo do Mel, aínda que se está a traballar neles para facer unha contorna única nesta zona.

O Museo ten dous partes, a zona Museo do Mel, onde se explica a vida da abella, calidades, función no medio ambiente, polinización, etc, e a zona Lagar, onde fan obradoiros e talleres.

O Mel que teñen é de mil flores, xa que é a máis variada, e non só é un só arbol, co cal aínda que este ano non houbese castaños, pois poden aproveitar outras árbores en floración. O afumado tamén o facen como o facía antiguamente a súa familia.

O ano pasado a produción foi menos da metade dun ano normal xa que debeuse á escasa floración, primeiro polas choivas e máis tarde pola intensa calor. Por isto o eucalipto, parte esencial do mel polifloral, case non botou flor. Hoxe en día ten colmeas en diferentes municipios como Valadouro, Viveiro ou Ourol e en lugares estratéxicos afastados da contaminación.

En canto á velutina, todos os apicultores intentan colocar trampas caseiras, ou senón chamar ao Concello e eles mandan a unha empresa que as elimina, “pero o importante é a colaboración vecinal e a concienciación. Así todos os veciños están en contra delas, pero xa non só os apicultores, xa que por culpa desde desagradable insecto algunhas persoas non terán flores nos seus xardíns, ou mazás nos seus hortos, ou outras ricas froitas, e todo isto faise posible gracias ás abellas e a súa polinización”, conclúe Marifé.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17298197746277