A Federación de Comercio A Mariña anima a realizar as compras do Día do Pai no comercio asociado

TerraChaXa | AMariñaXa
A Federación de Comercio A Mariña anima a realizar as compras do Día do Pai no comercio asociado a calquera das oito Acias que forman parte da FCAM.
11 mar 2019

A Federación de Comercio A Mariña anima a realizar as compras do Día do Pai no comercio asociado a calquera das oito Acias que forman parte da FCAM.
O seu presidente, José Carlos Paleo, lembra que “na Mariña temos un tecido comercial importante para poder facer calquera compra, xa sexa nestas datas especiais ou noutras similares”.
Paleo insiste en que “o comercio e a hostalería locais son os que fan pobo, son os que coa súa colaboración apostan polos equipos de deporte locais, polas actividades que organizan moitas asociacións e colectivos, polas festas de vilas, pobos e parroquias”.
O presidente da FCAM recomenda “mercar sempre nas tendas que temos ao carón da nosas casas, nas tendas dos nosos veciños e veciñas, nas tendas de sempre, agora que chega o Día do Pai, noutras datas especiais e todos os días”.