A Federación de Comercio asina un convenio para a subvención de campañas no comercio de proximidade

TerraChaXa | AMariñaXa
28 ene 2019

A Federación de Comercio da Mariña (FCAM) asinou un convenio coa Deputación Provincial de Lugo para a subvención de campañas promocionais do comercio local de proximidade desta zona. No acto participaron o presidente da FCAM, José Carlos Paleo, e o deputado da área de Goberno Interior e Relacións Institucionais, Álvaro Santos.
Este convenio, que está dotado con 15.000 euros, ten como obxectivos principais a potenciación do comercio e da hostalería por medio de campañas promocionais, vallas publicitarias, difusión nos medios de comunicación e actividades formativas.
José Carlos Paleo explicou que “a FCAM segue a traballar con todas as administracións para mellorar, promocionar e dar visibilidade ao comercio local de proximidade da Mariña”.