A Federación de Orientación celebra na comarca tres das súas competicións este ano
A Federación Galega de Orientación vén de presentar o seu calendario de citas deportivas para o ano 2021 e no que tres delas desenvolveranse na Terra Chá.
A primeira competición está prevista para o 17 de abril organizada polo club Fluvial en Abadín. Será a cuarta proba das oito que formarn parte da XXX edición da Liga Galega de Orientación a pé.
No mes de xullo, concretamente o día 10, está prevista a primeira proba da primeira Liga Galega de Trail de competición en Xermade, competición que estará a cargo do club Liceo e que se porlongará en catro provas ata o 27 de novembro.
Finalmente, o 16 de outubro, en Guitiriz, terá lougar a última xornada do campionato galego de orientación en bicicleta MTBO, unha cita que se combinará coa celebración da última proba da novena Liga Galega desta disciplina.
Estas citas estarán supeditadas á evolución do virus.