A Federación de Veciños e a Confederación Hidrográfica colaboran para limpar os ríos da provincia

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | RibeiraSacraXa
Tras a reunión celebrada, chegouse ao acordo facilitar unha relación de zonas dos ríos da conca fluvial Miño-Sil que as asociacións das zonas afectadas están a demandar
paseo-rio-rato-lugo
6 Jun 2024

Tras a reunión celebrada recentemente entre a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e a Federación de AA.VV. de Lugo Lucus Augusti, chegouse ao acordo, de como en ocasións anteriores, facilitar unha relación de zonas dos ríos da conca fluvial Miño-Sil que as asociacións das zonas afectadas están a demandar limpar.

Hai un espírito de colaboración entre a Federación Veciñal e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, que esperen que leve a cabo estas peticións, xa que o que se adoita pedir son rozas, limpeza de leitos ou retirada de árbores secas ou enfermas. En Ombreiro piden a limpeza de troncos e árbores dende a desembocadura do Narla ata a ponte, en Xustás piden a roza nas beiras e retirar árbores no cauce e en Santa Eulalia de Castro piden tamén retirar árbores e roza nas marxes do río Ladra e Parga.

En Esperante piden que se retiren árbores e roza na súa parroquia e tamén na de Lamas, Monte de Meda, Bazar, Saa e Esperante; no Veral piden que se saquen troncos do caudal, limpar e retirar árbores; en Pías, Monte da Meda e Orbazai piden limpar o río de Marcos, o Cerdeiriño e o Mera; en Santalla de Lamas demandan a retirada de árbores e a limpeza de maleza e na cidade de Lugo solicitan actuar no Rato dende o Ceao ata a Tolda, a poda e a retirada de maleza no Miño

En Pacios de Veiga piden retirar a madeira do río; en Santiago de Reigosa (A Pastoriza) piden a limpeza, roza e retirada de árbores no rega das Quintas e no da Rigueira; en Begonte queren que se actúa no Parga dende Baamonde; en San Martín de Guillar (Outeiro de Rei) piden a roza no río pequeno e en Mirada (Castroverde) piden a limpeza no río Tórdea dende Mirandela a Uriz.

No caso de Láncara, solicitan traballos no río Neira e Sarria; en Castro de Rei demandan actuar no Azúmara; en Vilalba, no Magdalena e no Corgo piden limpar a maleza e as árbores caídas do Chamoso, así como no Narla en Friol. En Monforte, piden a limpeza do Cabe e do Arriba; en San Vitorio demandan traballos de corta, roza e limpeza de camiños e en Vilapedre (Sarria) piden retirar árbores caídas.

0.16113615036011