A Feira do 8 celebrarase o 21 de novembro en Castro de Ribeiras de Lea

LugoXa | TerraChaXa
A programación musical comezará ás 21:00 horas coa actuación de Punk'on Keixo, mentres que ás 22:30 horas será a quenda de Diego Flâneur e ünder
feira-do-oito-castro
20 Nov 2026

A Asociación Chaíño organiza unha nova edición da Feira do 8, que terá lugar o vindeiro 21 de novembro en Castro de Ribeiras de Lea, no Caseto do Polbo.

A xornada contará con música en directo para animar a feira. A programación musical comezará ás 21:00 horas coa actuación de Punk'on Keixo, mentres que ás 22:30 horas será a quenda de Diego Flâneur e ünder.

Desde a Asociación Chaíño animan a veciñanza a achegarse e gozar dunha xornada de encontro e festa. A organización agradece tamén a colaboración do Concello de Castro de Rei e da Área de Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que fan posible a celebración desta iniciativa.

0.14623379707336