A Feira do Gando Vacún de Friol queda convocada para o 23 de setembro

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Friol celebrará un ano máis a Feira do Gando Vacún de Carne, a XI edición, o día 23 de setembro.
presentacion feira gando friol
presentacion feira gando friol
10 sep 2023

O Concello de Friol celebrará un ano máis a Feira do Gando Vacún de Carne, a XI edición, o día 23 de setembro. As previsión do Concello será contar cunha festa coma a do ano pasado, con feira, mostra e concurso de gando pola mañá, que terán lugar no Mercado Municipal, e a entrega de premios para pechar a edición.

No apartado do concurso, haberá cinco categorías, machos menores de oito meses, femias menores de oito meses, machos de 8 a 14 mese, xatas, vacas e touros. Os premios que se repartirán por categoría serán tres, o primeiro de 150 euros, o segundo de 100 e o terceiro de 50 euros. Haberá tamén un premio especial ao mellor lote de 200 euros.

Ademais destes case 2.000 euros que se reparten nas diferentes categorías, as ganderías asistentes recibirán unha prima pola asistencia dos seus exemplares, os cales permitirán que se poida observar unha gran diversidade de reses, mostras e calidades de gando vacún.

A organización, así como os custos deste evento, son sufragados con fondos propios do Concello, pois como comenta José A. Santos, Alcalde de Friol: “o gando é unha parte fundamental e moi importante do noso Concello, polo que unha feira adicada ao gando vacún de carne, neste caso, parécenos unha boa maneira de seguir apoiando e impulsando ou sector gandeiro en particular e ou rural en xeral, imprescindibles en Friol”.

Espérase que asista un gran número de visitantes tanto do propio Concello como doutros, debido a que é unha feira que está a ser un referente neste sector e porque Friol é un lugar que merece a pena ser visitado por todo o que ten para visitar, ver, comer e gozar.

Cartel Feira Gando Vacun 2023_