A Feira do Monte acollerá o II Festival Beteluma dedicado ás Letras Galegas

A Casa da Cultura da Feira do Monte será escenario o vindeiro sábado 16 de maio, ás 20.30 horas, da celebración do II Festival Beteluma, unha cita cultural organizada por Beteluma Cantareiras con motivo das Letras Galegas 2026.
O festival, que leva por título Grupos da terriña, reunirá sobre o escenario a diferentes formacións vinculadas á música tradicional e coral galega. Entre os participantes estarán a Coral Polifónica Municipal Virxe do Monte, o grupo Os do Campo e as propias Beteluma Cantareiras.
A iniciativa busca poñer en valor a música e a cultura popular galega a través dunha xornada de convivencia e actuacións en directo, coincidindo coa celebración das Letras Galegas.
O evento conta coa colaboración do Concello de Cospeito.