A Feira do Monte acollerá unha xornada musical para nenos e nenas o 21 de abril

TerraChaXa
A actividade está organizada polo colectivo Asubiños da Chaita e está pensada para fomentar a creatividade e o ritmo
actuacion-infantil-cospeito
19 Apr 2025

A música e a diversión serán as protagonistas na Casa da Cultura da Feira do Monte o vindeiro luns 21 de abril, cunha actividade dirixida a nenos e nenas de 4 a 12 anos.

Baixo o nome de Xornada Musical, a proposta terá lugar entre as 9:00 e as 14:00 horas e incluirá actividades como percusión corporal, coordinación rítmica, xogos musicais e moita diversión para os máis pequenos.

A actividade está organizada polo colectivo Asubiños da Chaita e está pensada para fomentar a creatividade e o ritmo dos nenos e nenas nun ambiente lúdico e participativo.

As persoas interesadas poden obter máis información e facer a súa inscrición a través do número 628 631 557 ou enviando un correo a asubiinoscospeito@gmail.com.

⚙ Configurar cookies
0.16491985321045