A Feira do Monte celebrará a Festa das Cruces cun amplo programa relixioso e musical

TerraChaXa
A noite do sábdo terá lugar a verbena, na que actuarán as formacións Principal e Combo Dominicano, que presentará en Galicia o seu tour de 2026
festas-na-feira-do-monte
26 Apr 2026

A localidade da Feira do Monte, no municipio de Cospeito, celebrará os días 2 e 3 de maio a tradicional Festa das Crues na honra á Virxe do Monte, unha cita festiva que combinará actos relixiosos, música e verbenas para reunir á veciñanza e visitantes durante toda a fin de semana.

A programación arrancará o sábado 2 de maio con pasarrúas a cargo do grupo Asubíos da Chaira. Ás 13:30 horas celebrarase a misa solemne, seguida da procesión e dunha sesión vermú amenizada pola orquestra Principal. Pola noite terá lugar a verbena, na que actuarán as formacións Principal e Combo Dominicano, que presentará en Galicia o seu tour de 2026.

O domingo 3 de maio continuará a celebración cunha misa solemne cantada pola Coral Polifónica Virxe do Monte, seguida da tradicional procesión e dunha nova sesión vermú, nesta ocasión co grupo Fénix.

Ademais, a organización xa anunciou tamén os actos previstos para o 8 de setembro, coincidindo co Día da Patroa. Esa xornada incluirá unha misa solemne cantada pola Coral Polifónica Virxe do Monte, procesión, sesión vermú co dúo Epo-K e unha comida veciñal no campo da festa, que contará con carpa cuberta. Pola tarde continuará a música coa actuación do propio dúo Epo-K.

A celebración conta coa colaboración do Concello de Cospeito e busca manter viva unha das citas festivas máis tradicionais da comarca.

0.114905834198