A Festa da Filloa de Muimenta convocada para o día 1 de maio de novo

TerraChaXa
Tras dous anos, o Recinto Feiral Manuel Vila volverá acoller no 2022 a Festa da Filloa de Muimenta – Festa de Interese Turístico de Galicia.
festa da filloa muimenta portada
festa da filloa muimenta portada
20 mar 2024

O Recinto Feiral Manuel Vila volverá acoller o próximo 1 de maio, mércores, a Festa da Filloa de Muimenta – Festa de Interese Turístico de Galicia.

A feira, que mantén o seu cartel tradicional, incorpora este ano a Aceites Abril como colaborar deste evento que organiza a comisión da Moexmu.

Desde que se comenzara a organizar a Festa da Filloa, colaboraron desinteresadamente, xa non só os veciños de Muimenta, senón tamén os dos pobos limítrofes, alcanzando case os douscentos colaboradores, que durante toda a xornada realizan filloas, churrasco, queimada, café e atenden á xente que se acerca ese día a xantar ata a vila.

Xunto á feira xa está convocado o tradicional concurso de debuxo e relato, no que participan todos rapaces dos colexios e institutos.

A música é tamén un dos puntos importantes da Feira. Este ano a comisión avanzou que actuarán Leña Verde, A Volta do Agro, o Grupo de música e Baile da AC Arume de Caión e Cosmedeejay.

O ano pasado, a Festa da Filloa recibiu o premio excelencia do turismo e a gastronomía da provincia, que se celebrou na Praza de San Marcos, na súa cuarta edición. Un galardón que erecoñece á Festa da Filloa de Muimenta, en Cospeito, polo seu traballo a favor da posta en valor deste produto gastronómico galego durante máis de trinta anos, porque “poucas cousas hai máis galegas que as filloas, esa sobremesa que para uns se remonta a tempos dos romanos e para outros sería mesmo anterior”, indicou García Porto.

O colectivo organizador da Festa da Filloa recibiu na persoa do seu coordinador, José Manuel Rus, un diploma e unha peza de cerámica de Gundivós, que acreditan o recoñecemento realizado dende o Consello Provincial de Turismo, un órgano consultivo e de participación para favorecer a gobernanza turística da provincia que foi promovido e está presidido pola Deputación de Lugo.