A Festa de Lume Novo de San Martiño de Pino será este sábado

TerraChaXa
A Asociación cultural San Martiño de Pino celebrará o vindeiro sábado 17 de xuño a tradicional festa de Lume Novo na Veiga de Porto.
festa de lume novo san martino de pino portada
festa de lume novo san martino de pino portada
16 jun 2023

A Asociación cultural San Martiño de Pino celebrará este sábado a tradicional festa de Lume Novo na Veiga de Porto.

Esta xornada festiva dará comezo ás 13.30 horas cunha misa solemne seguida da sesión vermú amenizada co Dúo Suso. Xa pola tarde ás 16.30 horas será a actuación do grupo de Pandereteiras de Caldaloba e o espectáculo de maxia de globoflexia con Elisa e Ian. Farase o acendido da cacharela antes da cea e porá a nota musical e o peche final da festa o Dúo Suso de novo.

Haberá un xantar a cargo do bar Rochela a base de xamón cocido, polbo, churrasco, bebidas, sobremesa e café, así como na hora da cea poderase desfrutar tamén de paella, bebidas, sobremesa e café.

Para poder asistir é necesario anotarse previo pago ante calquera membro da directiva antes do 11 de xuño. O prezo para os socios é de 40 euros e para os que non o sexan 50 e os pequenos de 7 a 11 anos pagarán 20 euros.

festa de lume novo san martino de pino