A Festa do Ecce Homo de Curro Vello celebra en Guitiriz dous días de música, verbena e tradición

TerraChaXa
A festa pecharase o luns ás 22.00 horas cunha gran verbena na que actuarán o Dúo Venús e La Banda de Ayer, no campo cuberto con carpa
festa-curro-vello-guitiriz
12 Sep 2026

A Festa do Ecce Homo de Curro Vello, en Guitiriz, celebrará os días 13 e 14 un amplo programa de actividades que combinará tradición, música e celebración popular.

A xornada do domingo comezará ás 14.00 horas cunha tirada de fogos e sesión vermú amenizada polo Dúo Estrellas. Pola tarde, entre as 18.00 e as 20.00 horas, haberá colchonetas gratuítas, mentres que ás 22.30 horas terá lugar unha nova tirada de fogos e unha gran verbena co Dúo Estrellas e o Dúo Belinda.

O luns 14, a programación arrancará ás 11.30 horas con fogos e pasarrúas a cargo de Son de Aldea. Ás 13.00 horas celebrarase a misa solemne e a procesión na capela do Ecce Homo.

A partir das 14.00 horas terá lugar unha sesión vermú co Dúo Venús. Xa pola tarde, ás 20.00 horas, ofreceranse liscos e chourizos de maneira gratuíta no Bar Porto.

A festa pecharase ás 22.00 horas cunha gran verbena na que actuarán o Dúo Venús e La Banda de Ayer, no campo cuberto con carpa. A celebración conta coa colaboración da Asociación de Veciños Curro Vello, a Xunta de Galicia, o Concello de Guitiriz, a Comunidade de Montes de San Xoán de Lagostelle e diversos establecementos e empresas da contorna.

0.13485407829285