A Festa do Río en Muimenta mellora cos anos
TerraChaXa
A Asociación Cultural A.
4 sep 2017
A Asociación Cultural A. Iglesia Alvariño, un ano máis, organizou a xa “veterana” Festa do Río que contaba con xantar e sesións de xogos tradicionais organizados por Xotramu entre os que destacou o de “tiro á corda” no que gañaron as mulleres por un contundente 3 a 0. Pero tamén houbo baile ata pechar a festa á noitiña,
Esta cita, que comezara coma unha comida campestre na que cada familia levaba a súa merenda, foi mudando e ampliando comidades ata converterse nunha gran celebración. Con todo, os organizadores cren que “será moi complicado seguir mellorando a festa, ano a ano, xa que as axudas cada vez son menos ou non hai ningunha”.