A Festa do Río en Muimenta mellora cos anos

TerraChaXa
A Asociación Cultural A.
festa rio muimenta
4 Sep 2017

A Asociación Cultural A. Iglesia Alvariño, un ano máis, organizou a xa “veterana” Festa do Río que contaba con xantar e  sesións de xogos tradicionais organizados por Xotramu entre os que destacou o de “tiro á corda” no que gañaron as mulleres por un contundente 3 a 0. Pero tamén houbo  baile ata pechar a festa á noitiña,

Esta cita, que comezara coma unha comida campestre na que cada familia levaba a súa merenda, foi mudando e ampliando comidades ata converterse nunha gran celebración. Con todo, os organizadores cren que “será moi complicado seguir mellorando a festa, ano a ano, xa que as axudas cada vez son menos ou non hai ningunha”.

0.17763185501099