A foodtruck de Galicia sabe Amar chega a Cospeito xunto ao conselleiro de Mar

TerraChaXa
O concello de Cospeito recibiu onte a visita dunha das foodtrucks da campaña Galicia Sabe Amar ,de promoción do peixe e marisco galegos entre a poboación galega.
galicia sabe amar castosa villares. portada
19 Oct 2023

O concello de Cospeito recibiu onte a visita dunha das foodtrucks da campaña Galicia Sabe Amar ,de promoción do peixe e marisco galegos entre a poboación galega.

Nesta sesión, estivo tamén presente o conselleiro do Mar, o cervense Alfoso Villares, que compartiu petiscos coa veciñanza e co Aalcalde de Cospeito, Armando Castosa Alvariño e concelleiros que visitaron o stand para reforzar o relevante da campaña que non é senón animar á cidadanía a consumir productos do mar; concienciar sobre a importancia de manter hábitos de vida saudables; impulsar a venda de peixe e marisco e á vez, poñer en valor a labor dos mariñeiros e marisqueiros galegos.

Galicia sabe Amar é unha campaña da Xunta de Galicia para animar á cidadanía a través da retranca galega e os dobres sentidos, a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor a labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.

Este 2023 a iniciativa sóbese ás catro rodas a través de catro foodtrucks que levan o sabor das rías galegas por máis de 250 municipios de toda España, vinculados ao Camiño de Santiago. En cada parada os visitantes poden degustar algún dos 10 petiscos pensados para a campaña e realizados a base de produtos certificados do mar e da terra.

galicia sabe amar castosa villares

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19083595275879