A Garda Civil investiga a catro chairegos por conducir co carné retirado
A Garda Civil detivo na estrada N-VI, no térmo municipal de Begonte, a un veciño desta localidad de 46 anos de idade, por conducir co carné retirado por resolución xudicial ata agosto do ano 2020. Ademais, un veciño de Vilalba de 53 anos, ao cal cónstalle unha perda de vixencia do permiso de conducir por resolución xudicial ata maio do ano 2019, tamén foi interceptado pola Garda Civil.
Tamén na estrada estrada LU-111, no térmo municipal de Cospeito, detivo a un veciño de Chantada de 52 anos de idade, por conducir tamén co carne retirado pola perda da totalidade dos puntos asignados. Por esta mesma circunstancia tamén detivo na estrada LU-221, no térmo municipal de Palas de Rei, a un veciño de Cospeito de 78 anos de idade.
As persoas investigadas son postas a disposición xudicial.