A Garda Civil investiga ao suposto autor dun delito de ameazas
A Garda Civil imputa en calidade de investigado a un súbdito marroquí, veciño de Vilalba, de 25 anos de idade como suposto autor dun delito de ameazas. Os feitos tiveron lugar a madrugada do pasado día 23 de agosto nun establecemento de hostalería da localidade de Villalba, onde supostamente a persoa investigada ameazou de morte cunha botella rota a un terceiro. A persoa investigada foi posta a disposición xudicial.
Así mesmo, tamén imputaron en calidade de investigado a un veciño de Abadin de 34 anos de idade como suposto autor dun delito de danos en vehículo pesado. Os feitos tiveron lugar no termo municipal de Abadin, cando o presunto autor supostamente pinchou sete rodas dun camión, valorando os danos en 2.500 euros. A persoa investigada foi posta a disposición do Xulgado nº 1 de Mondoñedo.
Por outra banda, a Garda Civil imputou ademais en calidade de investigadas a dúas veciñas da localidade de Rábade de 24 e 20 anos de idade como supostas autores dun delito de hurto. Os feitos tiveron lugar na primeira quincena do mes de agosto nun supermercado da localidade de Guitiriz, consistentes no hurto de mercancía valorada en 200 euros. As persoas investigadas foron postas a disposición xudicial.