A homenaxe a Oleiros puxo fin ás festas de Vilalba deste ano

TerraChaXa
Remataron deste modo unhas celebracións que deron comezo o pasado día 21, organizadas por primeira vez despois de varios anos por unha comisión
dia-da-parroquia-oleiros-festas-vilalba
9 sep 2024

Vilalba pechou as súas festas patronais na honra a San Ramón e Santa María este domingo co Día das Parroquias, que nesta ocasión estivo dedicado a Oleiros.

Unha representación de veciños e veciñas da parroquia homenaxeada encargouse de facer a tradicional ofrenda.

"Unha xornada especial e emotiva que xa é unha tradición no remate das nosas festas patronais de San Ramón e Santa María”, asegurou a alcaldesa, Marta Rouco.

Remataron deste modo unhas celebracións que deron comezo o pasado día 21, organizadas por primeira vez despois de varios anos por unha comisión.

Non faltaron as tradicionais citas da Xira, o Día da Bicicleta, o Día do Patrón ou a Gala do Certame Literario. Música e xogos completaron o programa.

0.16650295257568