A III Festa da Xuventude de Meira celebrarase este sábado cun xantar e tardeo

Este sábado, 7 de novembro, o concello de Meira acollerá a celebración da terceira edición da Festa da Xuventude, que terá lugar na Campa do Plantío.
O programa arrinca ás 14.00 horas cunha sesión vermú protagonizada polo dúo Belinda. A continuación, ás 15.30 horas, está programado o xantar colectivo con callos, churrasco de porco, sobremesa e café.
O tardeo correrá a cargo de DJ Cosme, xunto á charanga Soltra e o dúo Belinda. Para rematar, ás 22.00 horas arrincará a verbena coa actuación de DJ Cosme e La Banda de Ayer, ademais de repartir liscos gratis para todos. O xantar conta cun prezo de 25 euros e os tickets poden recollerse en diferentes puntos da localidade, no Mesón Parrillada O Pozo, na Tapería Arquiñano, Panadería Muriato e na Librería A Praza.
A organización conta cunha carpa, coches eléctricos e food trucks para gozar dun ambiente pensado para a xuventude e tamén para calquera veciño que queira participar.