A III Quedada Moteira das Pontes será o 3 de agosto

TerraChaXa
A III Quedada Moteira das Pontes será o 3 de agosto.
Captura de pantalla 2019 07 12 a las 8.08.10
Captura de pantalla 2019 07 12 a las 8.08.10
16 Xul 2019

A III Quedada Moteira das Pontes será o 3 de agosto. Esta cita para todos os amantes das dúas rodas está organizada polo motoclube Tribu Mohican Clube.

Haberá sesión vermú, percorrido en moto, xogos moteiros, cea e moita festa co grupo Malditos Pendejos.

A xornada estará cargada de eventos, que comezarán ás 10:00 coa apertura de inscripcións  e unha caña de benvida; ás 11:30 terá lugar unha ruta con pinchos, e xa ao medio día será o xantar.
Pola tarde haberá inchables para todos os nenos, unha exposición Maquetas de maquinaria da mina, e despois continuarase cos xogos moteiros, pinchos e a actuación musical do grupo Malditos Pendejos.

Ás 22:00 será a hora da cea e ás 23:30 haberá un sorteo e unha festa con DJ.

Ademais estará dispoñible o pavillón cuberto con duchas para quen queira pasar a noite.

Para as inscripcións haberá que chamar ao 638 71 12 99

cartel quedada as pontes 2019 1
0.19206714630127