A importacia dun bo manexo sanitario nos cans

TerraChaXa
Por Breixo González Nestas datas coa chegada do Apalpador e dos Reis Magos , soen ser habituais as entradas de novos animais nos fogares, e os veterinarios temos por desgraza a vvisión moitas veces , trancurridos uns dias , da chegada por urxencias de eses animais enfermos , porque non se seguiron as pautas correctas tanto sanitarias como nutricionais .
Breixo González
18 Xan 2019

Por Breixo González

Nestas datas coa chegada do Apalpador e dos Reis Magos , soen ser habituais as entradas de novos animais nos fogares, e os veterinarios temos por desgraza a vvisión moitas veces , trancurridos uns dias , da chegada por urxencias de eses animais enfermos , porque non se seguiron as pautas correctas tanto sanitarias como nutricionais .

O primeiro de todo é antes da chegada do novo animal , é acudir po veterinario a preguntar calquera dúbida e que nos explique o PROFESIONAL VETERINARIO ( as faladurias e demais , teñen matado moitos animais ) O primeiro que vos imos dicir é que os cachorros teñen que entregarse vacinados , desparasitados e co microchip posto ( é o que dicta a lei galega), a idade MINIMA de entrega dos animais será as 10 semanas , é dicir 2 meses e medio , antes de iso non se pode entregar.

Sabendo que a idade de entrega de un cachorro é de dous meses e medio, debemos saber que con esa idade como MINIMO co can xa tivo que ter sido desparasitado polo menos 2 veces e vacinado polo menos unha vez, ( dependendo do criterio veterinario , pode ter ata 2 vacinas ) .

Tanto as vacinas como as desparasitacións deben ser realizadas por un Facultativo veterinario , insisto porque vemos moitas veces ¨cartillas¨ con selos de centros de cria ou incluso a entrega dos frascos das vacina . As vacinas veterinarias só se poden administrar por parte de un veterinario ( compralas non é legal ) xa que oo veterinario o selar co seu selo está a asumir a responsabilidade legal de esa vacina e dos posibles problemas que puidesen xurdir.

O programa de vacinación máis común é a primeira vacina ( entre o mes e mes e medio de vida do animal ) unha vacina ¨Puppy¨ que leva as enfermidades da Parvovirose ( é do que soen ,morrer a maioría dos cachorros sen vacinar) e do moquillo , o cabo de 30 dias máis ou menos , aplícase a 2º dose que soe ser unha vacina coñecida como pentavalente ( inclue a parvovirose, moquillo, hepatite canina, leptospirose e influenza canina)

As desparasitación soen realizarse un ou dous dias antes da vacinación dos cachorros e realizanse con PRODUTOS VETERINARIOS a doses acorde co peso e a idade do animal.

O microchip é de obrigada colocación e tódolos animais quue se entreguen ( xa sexa por venta ou por regalo ) e irá acompañado de un pasaporte europeo homologado no que estaran seladas tanto as vacinación como as desparasitacións.

0.14310097694397