A importancia do rural para un mundo sostible
Por Breixo González
A Terra Chá sempre foi unha comarca gandeira e agrícola e ten un gran potencial para esos usos : é unha terra chá , con numerosos cursos de auga, invernos húmidos e veráns cálidos, o que a fai ideal para a produción de gramíneas tanto cereais como herba. Outra das potencialidades son as suas fragas e bosques de ribeira tanto como recurso mediambiental e de madeiras de calidade, tamén temos os nosos montes cos nosos breixais e e toxeiras que son refuxios de moitas especies animais da zona.
Todo isto está en perigo, dende uns anos para aquí a penosa situación da gandería de leite (prezos baixos tanto do leite) como da de carne, a pouca axuda (en moitos casos atranco) para o establecemento e a fixación da poboación rural nova así como o atraso do rural dende o punto de vista tecnolóxico (pouca covertura de telefonía móbil e moitas veces acceso nulo ou baixo a internet).
Fixo que a Terra Chá comezase a perder poboación cara as cidades más próximas ou incluso fóra da provincia e só queda a xente maior.
Por se fose pouco, nos útimos anos estamos vendo como moitas terras agrícolas estanse a converter en eucaliptais, si, moitos dirán que dan cartos, pero se nos fixamos, as zonas que máis se están a encher de eucaliptos, son tamén as que máis rápido se están a despoboar.
A maiores as granxas tenderon a aumentar o temaño e mitas veces sen a base territorial suficiente, moitas veces porque terras agrícolas non están dispoñibles (tanto porque están ocupadas polo eucaliptos ou ben porque os donos non se sabe quen son ou xa faleceron ou non viven aquí), isto fixo que as terras dispoñibles se estean a sobreexplotar en moitas ocasións, o cal leva a unha pegada ecolóxica excesiva (como se está a ver na diminución do número de insectos e aves).
Se queremos que a Terra Chá non se quede convertida nun deserto demográfico e ecolóxico, os chairegos precisamos que se nos apoie, que se den facilidades para que a xente nova que queira vivir no rural e do rural se asente; débesenos tratar como os habitantes das cidades, non podemos ser cidadáns de segunda que paguemos igual que os habitantes das cidades, pero con menos servizos, que se protexa (de verdade, non como vemos na Rede Natura 2000 onde se están a talar bosques autóctonos para convertilos en eucaliptais ...) hai que apostar pola produción agrogandeira sostible e de proximidade, apoiar a inovación e os usos sostibles do patrimonio natural, cultural e histórico que temos a sorte de contar con eles (temos castros como os de Viladonga , múltiples lagoas como a da Feira do Monte, as lagoas do Rio Caldo ...).
Os nosos alcaldes deberan ver como se fai noutros lugares de Europa, en vez de apoiar empresas de fóra que pretenden sacar materiais do noso chan ou produccións agrícolas moi agresivas co medio ambiente e que apenas xeran traballo,deberan apoiar os seus veciños e axudar a que nos quedemos, poñer as terras de cultivo avandonadas para o seu uso, non subir o catastro aos que vivimos no campo a niveis das cidades (cando non temos, nin os mesmos servizos, nin prestacións) evitar que se ince todo a eucaliptos, (como fixo algún concello da provincia) e non malgastar os cartos en actos festivos sen sentido (agás o electoral) ou construcións faraónicas que non axudan os veciños).
A Terra Chá pode ter moito futuro pero sen a axudas (non tanto económicas como burocráticas e sociais) e a concienciación tanto como da administración como da poboación xeral (moi en especial a urbana) de que o rural é unha oportunidade sostible e unha fonte de riqueza e futuro.