A importancia dos insectívoros na gandería
Por Breixo González
Estamos xa ben adentrados na primavera e xa empezamos a ver moitos (por desgraza menos que antes ) dos mellores aliados da gandería e a agricultura e tamén da saúde pública, e eles son ons insectívoros.
Insectívoro ou tamén entomófago a calquera animal predador de insectos
ou as súas larvas, aínda que habitualmente comen tamén outros tipos de invertebrados.
En Galicia podemos facer 4 grandes grupos: aves, mamíferos e réptiles e anfibios.
No caso das aves, destacan nestas datas as andoriñas é un ave de campo aberto que normalmente utiliza estruturas construídas polo ser humano para reproducirse e que, constrúe niños en forma de cunca,con boliñas de lama en celeiros e construcións similares, e aliméntase de insectos que atrapa en voo. Estes animais comen ao día tres veces o seu peso en mosquitos e son, por tanto, o insecticida natural máis efectivo que existe. Aliméntase tipicamente a sete ou oito metros por encima de augas pouco profundas ou do chan, a miúdo seguindo animais, humanos ou maquinaria agrícola para atrapar os insectos escorrentados,pero ocasionalmente captura as súas presas da superficie da auga, paredes ou plantas. As presas soen ser moscas, mosquitos, saltóns, grilos,escaravellos, velaíñas e bolboretas.
O Avión común tamén é outro insectívoro tamén cuns hábitos moi semellantes as anduriñas.
Un ave que merece comentar é o cirro (Apus apus) é unha ave da familia. De feito os pes e patas son pouco visibles. A súa semellanza externa coas andoriñas.
Ningunha outra ave pasa tanto tempo no aire coma o cirro. Suponse que poden voar sen pousarse durante anos, e abandonan o voo só para criar. O primeiro voo despois de deixar o niño pode durar xa días. Beben e dormen voando. Poden acadar velocidades de 200 km/h, o que os converte nunha das aves máis rápidas. Mencionámola xa que a muralla de Lugo conta cunha colonia moi importante de elas.
Nos mamíferos destaca o ourizo cacho e os furafollas , estes animais soen vivir cerca de muros de pedra seca, valados e sebes nas fincas. E tamén os nosos morcegos, que en moitos sitios, son grandes aliados na loita contra os mosquitos como están a facer os viticultores valencianos ou o concello de Coria del Rio para evitar a propagación do Virus do Nilo occidental.
Nos réptiles, tódolos lagartos, escánceres son insectívoros e aliados da horta. E dos anfibios todos eles aliméntanse de insectos.
O problema é que todos estes aliados do gandeiro e agricultor, ven minguados cada vez máis os seus números debido a varias causas, a primeira é o uso masivo e moitas veces descontrolado de pesticidas, tanto insecticidas , como herbicidas (moitos dos cales levan na corda frouxa , debido a que agora coñecemos os seus efectos nocivos tant pro medio ambiente, como a saúde pública) outra causa é intensificación das terras agrícolas , o terse reducido a cantidade de terras agrícolas (debido a forestación ilegal, que xa lle custou a Galicia máis de 30.000 ha...) e tamén a perda do mosaicismo agrogandeiro (as concentracións parcelarias, a perda de muros, sebes e valados) e a perda de fragas e carballeiras.
O problema é que se acabamos cos insectívoros pola nosa cobiza económica a curto prazo e a unhas administracións que actúan mais por interese electoral que polo ben de todos, imos ter un problema sanitario e económico.