A incidencia da covid-19 segue baixando en todas as comarcas

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
COVID 19
27 Feb 2021

A provincia segue mantendo a tendencia á baixa dos últimos días mellorando todas as cifras pero a Xunta aínda non mudou os niveis de alerta en varios concellos malia ter mellorados os niveis de incidencia.

Así, hoxe son 591 casos activos, que son 40 menos que onte. Na xornada anterior o descenso foi de 71. As altas continúan a bo ritmo e aumentaron os contaxios novos.

De feito, rexistráronse nas últimas 24 horas 22 casos novos (onte foron 9). Ademais, as altas chegaron ás 10.886, 62 en 24 horas, o día anterior foron 83.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.686 casos rexistrados e 204 persoas falecidas, unha máis, un home de 62 anos en Lugo.

A presión hospitalaria mantense. Na UCI do Hula hai 13 ingresados, e en planta hai 25 enfermos (2 menos), 19 (2 menos) no hospital de Lugo, 3 na Mariña e 2 en Monforte. O Polusa de Lugo segue cunha persoa ingresada.

POR COMARCAS

A Mariña

A Pontenova segue con 11 casos e en alerta media mentres a incidencia segue a disminuír con cinco concellos limpos de covid xa que Mondoñedo rexistrou algún caso.

  • Viveiro xa está por debaixo de 10 casos.
  • A Pontenova continúa con 11 casos.
  • Trabada, Ourol, Xove, O Vicedo e Alfoz.

Terra Chá

A incidencia está por debaixo do 250 en Outeiro de Rei pero aínda non saíu do nivel 2 mentres Rábade sigue mantendo, malia ter menos de dez casos, unha incidencia elevada. Guitiriz segue á baixa pero cunha incidencia aínda moi alta para saír do nivel de máxima alerta.

  • Vilalba rebaixa a 14 casos, 2 menos que onte.
  • Guitiriz reduce 14 casos e queda en 60 pero segue en máxima alerta.
  • Outeiro de Rei mantén os 12 pero segue en alerta media.
  • Rábade tamén está en alerta media malia ter menos de dez casos.
  • Pol, Abadín e Xermade e A Pastoriza continúan limpos de covid.
  • No veciño Concello das Pontes están en alerta media malia baixar 1 casos e quedar en 25.

Centro da provincia

No centro, Lugo está fóra de alerta malia ser o concello con máis casos mentres O Corgo xa ten menos de dez e espera a actualización dos datos da Xunta para estar en alerta media xa que está por debaixo de 10 casos e coa incidencia xa do nivel 3. Baralla e Guntín, esperan a mesma actualización para pasar o nivel 3 con incidencias baixas.

  • Lugo reduce novamente 17 casos e queda en 200 en total.
  • O Corgo segue no estado de alerta media malia baixar xa dos 10 casos e ter unha incidencia por debaixo de 150.
  • A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz, Navia Cervantes, Ribeira de Piquín, Monterroso, As Nogais, e Antas de Ulla levan limpos varias semanas.

Comarca de Sarria

Sarria está por debaixo dos 10 casos ao igual que Láncara mentres en Samos, Triacastela, O Incio, Paradela Portomarín e O Páramo están xa sen casos novos dende hai 15 días.

Ribeira Sacra

Sen cambios para a comarca que mantén a Monforte, A Pobra de Brollón e Sober en alerta media malia ter menos de 10 casos os dous últimos e Morforte estar xa con valores fóra de alerta aínda que hoxe contabiliza dous casos máis.

  • A vila de Monforte contabiliza hoxe 46 casos, 2 máis e lle correspondería entrar en nivel 3.
  • Sober e A Pobra de Brollón, malia estar por debaixo de dez casos, seguen en alerta media, o primeiro debería estar en alerta 3 e o segundo en alerta máxima polos niveis de incidencia.
  • Bóveda, Folgoso do Courel, Carballedo e Ribas do Sil seguen sen casos dende hai máis de 15 días.
0.16170382499695