A iniciativa Xogade Coas Motos estará este sábado nas Pontes

O concello das Pontes acollerá a iniciativa Xogade Coas Motos, unha actividade na que os rapaces de entre 6 e 15 anos teñen a posibilidade de probar unha moto de competición dentro dun marco seguro e de xeito completamente gratuíto.
Terá lugar este sábado 29 de agosto e a inscrición está completa. Será no Circuíto Municipal de Karting durante todo o día, de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.