A Invernada de Cine de Cabreiros remata este sábado con teatro
TerraChaXa
O programa contou con dúas proxeccións, dous espectáculos teatrais e un monólogo
20 Dec 2024
A casa escola de Cabreiros está a ser sede este outono da Invernada de Cine, que este ano chega á súa duodécima edición con actividades que arrancaron no mes de outubro. O programa conta con dúas proxeccións, dous espectáculos teatrais e un monólogo.
A invernada chegará ao seu final coa obra teatral As fillas bravas e o mito de Casandra, a cargo do grupo Chévere. Son tres pandereteiras que cantan coplas e contan contos escoitados ou inventados, con moita retranca e menos sabedoría. Esta se poderá ver este sábado 21 e decembro, ás 18.30 horas.