A Invernada de Cine de Cabreiros remata hoxe en Cabreiros un espectáculo de baile

TerraChaXa
casa escola de Cabreiros volverá ser sede este outono da Invernada de Cine, que este ano chega á súa décima edición con proxeccións.
invernada de cine cabreiros portada
invernada de cine cabreiros portada
16 Dec 2023

A casa escola de Cabreiros remata hoxe unha nova edición da Invernada de Cine, que este ano chegou á súa undécima edición con proxeccións durante os meses de outubro, novembro e decembro.

O programa contou con tres proxeccións e dúas actuacións que este ano comezaron o 21 de outubro con Matria. Continuaron o 4 de novembro, á mesma hora, coa proxección do documental Segadores da Órrea en terras de Castela. Este documental é un feito histórico, social, antropolóxico e cultural narrado por 31 homes e mulleres que o viviron en primeira persoa. Conta, tamén, coa participación de varios segadores da Órrea residentes en Meira. Tamén se proxectou o 2 de decembro a película Un franco, catorce pesetas.

Entre as actuacións figura o concerto de Xoán Goía, que se celebrou en novembro e a do seu final, hoxe. Trátase dun espectáculo infantil e familiar a cargo de Pesdelán, que combina a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos. Leva por título As Armadanzas e poderá verse ás 18.30 horas.

0.14763402938843