A ITV agraria pasará revisión aos vehículos en Castro dende o luns

TerraChaXa
A Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas pasará revisión nos próximo días no Concello de Castro de Rei.
23 May 2020

A Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas pasará revisión nos próximo días no Concello de Castro de Rei. Esta inspección é obrigatoria para todos os que teñan una antigüidade superior aos 8 anos dende a primeira matriculación así como os vehículos especiais cunha velocidade que non supere os 40km/h.

A unidade móbil número 4 da ITV será a encargada de facer as revisións que serán na praza do Concello de Castro de Rei, os días 25, 26, 27 deste mes de maio; en horario de 9 a 13.30 horas e de 15.15 a 18 horas. Tamén estará nas inmediacións do Mercado Gandeiro de Castro Ribeiras de Lea os días 28 de maio, 1, 2, 3, e 4 de xuño co mesmo horario, agás os días 29 de maio e 5 de xuño que terá só xornada de mañá.

Os interesados en solicitar cita deben facelo no teléfono 902 309 000 ou por internet en www.sycitv.com - Cita previa.

A organización lembra que no se pasará inspección a vehículos con carga nin a vehículos con apeiros e acudir á revisión cos vehículos en perfecto estado de funcionamento, comprobando o estado das rodas, alumeado, etc. Así mesmo recoméndase levar o recibo do seguro vixente xunto coa documentación do vehículo.

0.15706396102905