A ITV móbil agrícola estará desde o día 7 en Xermade

A unidade móbil da ITV estará entre os días 7 e 14 de xullo en Xermade para facer as inspeccións técnicas a vehículos agrícolas.
O horario de atención será de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas, agás o día 14, que será só de mañá.
A unidade móbil estará situada xunto á nave municipal de usos múltiples do parque empresarial.
Para pasar a revisión é necesario pedir cita previa, chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.