A ITV móbil agrícola estará en Guitiriz a partir do venres

TerraChaXa
A unidade móbil da ITV está entre os días 13 e 14 de abril en Guitiriz para facer as inspeccións técnicas a vehículos agrícolas.
17 Abr 2024

A unidade móbil da ITV estará entre os días 19 e 2 de abril en Guitiriz para facer as inspeccións técnicas a vehículos agrícolas. Estará instalada no polígono industrial de Guitiriz.

As revisións faranse de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas agás o 19, que será só pola mañá.

Para participar é necesario pedir cita previa, chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.

0.18307781219482