A ITV móbil agrícola estará en Muras dende o día 17

TerraChaXa
O horario de atención será de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas agás o 22, que será só de mañá
tractor
15 Jul 2026

A unidade móbil da ITV entre os días 17 e 22 de xullo en Muras para facer as inspeccións técnicas a vehículos agrícolas.

O horario de atención será de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas agás o 22, que será só de mañá.

A unidade móbil estará situada do 17 ao 20 na praza de Viveiró e o 21 e 22 na área recreativa da Veiga, xunto ao campo de fútbol.

Para recibir asistencia é necesario pedir cita previa, chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.

tractor-itv-agricola
0.12187385559082