A ITV móbil agrícola estará en Riotorto o venres e o luns

A unidade móbil da ITV estará os días 17 e 20 de xullo en Riotorto para facer as inspeccións técnicas a vehículos agrícolas.
O horario de atención será de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas o segundo día e só de mañá o primeiro.
A unidade móbil estará situada na Grova, estrada Riotorto a Marco de Alvare.
Para recibir asistencia é necesario pedir cita previa, chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.