A ITV móbil agrícola estará este mes en Xermade

TerraChaXa
A unidade móbil estará situada xunto á nave municipal de usos múltiples do parque empresarial
tractor
Tractor
8 Xul 2024

A unidade móbil da ITV estará entre os días 11 e 19 de xullo en Xermade para facer as inspeccións técnicas a vehículos agrícolas.

O horario de atención será de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas, agás os venres, que será só de mañá.

A unidade móbil estará situada xunto á nave municipal de usos múltiples do parque empresarial.

Para participar é necesario pedir cita previa, chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.

0.08441686630249