A ITV móbil agrícola estará nas Pontes este mes

TerraChaXa
Estará situada na primeira xornada na Faeira e o resto de días no estacionamento disuasorio do polígono da Balsa
xurros-tractor-campo
2 Nov 2026

A unidade móbil da ITV estará entre os días 5 e 9 de novembro nas Pontes para facer as inspeccións técnicas a vehículos agrícolas. Estará situada na primeira xornada na Faeira e o resto de días no estacionamento disuasorio do polígono da Balsa.

As revisións faranse en horario de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas, agás o día 6 que será só de mañá.

Para participar é necesario pedir cita previa, chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.

0.15811109542847