A ITV móbil de Turismos visita Guitiriz esta semana

TerraChaXa
A unidade estará situada no polígono industrial
itv
Turismo
19 may 2024

A unidade móbil de inspección técnica de turismos estará do 23 ao 28 de maio no Concello de Guitiriz, para atender a todos os veciños do termo municipal. A atención ao público será entre as 9.00 e as 13.30 horas e de 15:15 a 18:00, agás o día 28, que será só de mañá.

A unidade estará situada no polígono industrial de Guitiriz.

Para solicitar cita previa hai que chamar ao teléfono 902 309 000 ou a través da web www.sycitv.com.