A ITV móbil estará en desde o 10 de xullo na Pastoriza

A unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas estará dende o 10 ata o 24 de xullo no Concello da Pastoriza, para atender a todos os veciños do termo municipal. A atención ao público será entre 9:00 e 13.30 horas e de 15:15 a 18:00 agás os días 11, 18 e 24 de xullo, que só atenderá pola mañá.
A unidade estará situada no campo da festa de San Martín de Corbelle entre o 10 e o 15 e diante da Nave Municipal no polígono da Pastoriza entre o 16 e o 24.
Para solicitar cita previa hai que chamar ao teléfono 902 309 000 ou a través da web www.sycitv.com. A organización lembra que no se pasará inspección a vehículos con carga nin a vehículos con aperos.