A localidade de Alba festexa o San Xoán a fin de semana

TerraChaXa
Contará coa música de Rosel, La Oca Band e Mar-da-Vila
festas-alba-san-xoan
Cartel
19 Jun 2026

A parroquia de Alba, en Vilalba, inicia o sábado as festas na honra a San Xoán.

Os actos comezarán coa misa maior ás 13:30 horas, a que seguirá a procesión e a sesión vermú con Rosel, que tamén estará na a verbena xunto á orquestra La Oca Band.

O domingo tamén haberá misa e procesión á mesma hora e o grupo Mar-da-Vila será o encargado de poñer o fin de festa coa dobre actuación en sesión de tarde e noite.

 

0.12691497802734